Premio Esquío de Poesía 1992
“ Unha realidade física, obxectiva: a Serra unhas veces; outras, os suburbios da cidade de Lugo, e unha realidade paralela íntima e subxectiva que o poeta proxecta para atrapar ese xogo de relacións máis fondas, de trascendentes intuicións, non perceptibles a simple vista, que constitúen a esencia da Poesía, informan e vertebran este poemario: ABANDONO DA NOITE.” Palabras de Xulio López Valcárcel no prólogo da edición da Col. Esquío de Poesía da Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
Abandono da noite en palabras de Teresa Seara:“A noite, entendida como tempo inerte que aúna a ausencia da amada coa alienación da patria, é o leit motiv de Manuel Xosé Neira en Abandono da noite. Afastarse das horas escuras e recuperar a felicidade despreocupada da infancia convértese no obxectivo máximo dunha voz poética que tenta conxurar a mortal frialdade nocturna co fogo da paixón amorosa. Mais, o mergullo na noite remata reflectindo o exilio que sofre a grei dos fillos do sol despoxados da terra orixinaria e do seu momento propio: o día”.