Co mesmo título que a sección que a escritora ten na edición da fin de semana de Culturagalega.org, “Anxos de garda”, a editorial A Nosa Terra recompilou os artigos publicados na rede entre setembro de 2002 e abril de 2003 e editou este libro co que inaugura a colección Central Literaria. En Anxos da garda a escritora fai un relato en formato de diario de experiencias vividas apegado á actualidade das datas en que foi escrito, incluíndo reflexións persoais e situacións que, sendo íntimas, son moi universais.