En palabras do propio autor: "Ardora" foi escrito en Creta na súa totalidade e corrixido na Coruña no mesmo ano, 1992. O libro tivo unha escrita na Illa no 90 e no 92. Aínda que xa había notas do 1982.
“Desde logo na miña casa medramos co amor á Helade. Tanto é así que a Ilíada tanto a miña irmá como min lémola moi novos e influíu enormemente no descubrimento da cultura e da arte grecolatina para o resto dos nosos días. Se puidese non dubidesdes que estaría vivindo aló. Tamén por cuestións de saúde, pois o noso clima encólleme o cerebro. A luz da aldea de Gouves, en Creta, permanecerá para sempre na miña memoria. Quen lea este libro debe saber que non é unha evocación imaxinativa ou decadente daquel mundo. É unha experiencia vital, compartida coa miña irmá e con amigos comúns. E tamén con xentes de aló: Janis, Roxana ou o sr. Nikolaos e o seu fillo. Gusto especialmente do poema "Rumores". Creo que o esplendor do sur, o edonismo e o seu mar presiden o libro, baixo a atenta mirada de Byron e de Anacreonte, aínda que se falamos de sol, o sol pertence a Homero."
Indo da vida á historia, da realidade ao mito, do amor ao desamor, da creación á destrución constrúe Lino Braxe este poemario.