É este un poemario singular no que se artella unha revisión histórica do concepto de dominación, en boa parte dominación exercida sobre a muller, sustentándose nunha voz que é a dunha escrava en tempos do Imperio Romano: unha escrava singular que se debate entre os devezos de liberdade e daquilo que simboliza para o seu pobo e unha vontade anoada a unha argola que é símbolo de atadura e que a somete aos intereses dos colonizadores. Malia todo, sempre permanece incólume nela o seu desexo de liberdade, do seu entorno feminino e do seu pobo.
Premio de poesía O Figurante 2013