É Emma Pedreira poeta e bruxa cósmica, galega acoirazada y muller-brúxula: sempre buscándolle o norte ao norte e a profundidade ao propio bestiario, ese mesmo que trata de ir coidando coa súa palabra-mediciña e ao que conseguiu dotar de gorxa e ensinado a bramar e defenderse. E é que ten a escritura de Emma un algo de corpo dado a volta, tantas veces ferido e cicatrizado como xeneracións a precedeon. Tratar de fixar, como fai, esa memoria telúrica é tarefa monumental, dada a delicadeza do instrumento para abrirse a entraña y furgar como una arúspice suicida.
É a súa una poesía necesaria, pura, construída desde la radical condición feminina e, tan verdade, que transcende e se eleva non só desa condición senón tamén do feito poético.