HAI ATRACOS E HAI ATRACADORES, PERO POUCOS TAN ZOUPÓNS, TRAPALLEIROS E INÚTILES COMO OS QUE TENTAN ROUBAR O BANCO NESTA DIVERTIDA COMEDIA QUE TES NAS MANS, COMO NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA SE O AUTOR É MANUEL NÚÑEZ SINGALA.
Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero que non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida. E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.