Accésit Premio Esquío de Poesía 1987
“ [...] A autora concibe a poesía como un espazo anticonvencional, refuga a testemuñalidade autobiográfica e, pola contra, a voz lírica multiplícase e convértese en polifónica, presentada como unha galería de adolescentes insolentes, conflitivas, que non ocultan a súa ambición por triunfar e nada inocentes, en permanente oposición ás convencións e ás regras. A transgresión de Baleas e baleas acentúase polo feito de ser un poemario escrito por unha muller no que o suxeito, andróxino e sabichón, renega dos comportamentos alienantes da educación das nenas. [...]”. Palabras sobre Baleas e baleas no Dicionario da Literatura Galega.