Cabaret Voltaire

2005
1141638081Cabaret_Voltaire1.jpg

Premio García Barros 2005. Unha novela na que a historia europea do século XX, serve ao seu autor para facer unha crítica irónica da violencia e da guerra.

Un rexistro paródico e desmitificador é o pano de fondo que lle serve a Jaureguizar para contar unha historia de amor entre un enxeñeiro alemán e unha muller galega, que en plena década de 1930, actúa nun cabaré da vila luguesa de Ribadeo.
A historia entre Wlhelm Kurtz e Nuria atravesa o século XX. Comeza nos anos 30 en Ribadeo no Cabaret Voltaire, local no que ela baila lucindo unha cola de serea nun gran tanque de auga. Acaban fuxindo a Berlín, onde el se deixará arrastrar pola crecente marea nazi. Setenta anos despois, regresan a Ribadeo.
Sen prescindir do sentido do humor e da narración axil e precisa, a novela logra transmitir a tensión dunha época dominada pola barbarie e os abusos do poder.