“Cando fóramos nevar”, ten como punto de partida unha nevada en Ferrol en 1963, cando era neno. Ese é o arranque dun conxunto “confesional ata un punto” no que caben lembranzas, influencias culturais, xentes ancoradas na memoria e homenaxes. E isto cunha proposta variada nas formas, na que hai poemas tan reducidos como haikus pero tamén prosa poética.