Primeiro libro en galego da autora, afirma a autora que foi xestado mentres cerraba a casa da nai para levala consigo despois da morte do pai, mentres cerraba a casa da súa infancia, aparecerían estes versos da dor.
A Col. Esquío de Poesía introdúcenos nel indicando que:“Casa Pechada xorde a carón dunha nai. Alí onde sempre houbo unha morea de homes sobre o prato das patacas fritas, quedaban no verán de 2005 dúas mulleres soas: a nai, Noelina, e a filla que coida da nai. Había que a levar para fóra, había que a emigrar de segundas e pechar a casa. O pai, desde a pedra onde dorme no fondo da aldea, íalle dando o si a cada verso, a cada feito. Había que aproveitar o tempo de aloumiñar esa pedra, aloumiñar os nomes para os levar nos dedos. As cousas, ao seu paso, ían do corazón ao fondo da fraga da memoria persoal, e de alí ás palabras esquecidas na artesa das arañeiras, e ao fondo das congostras dun pobo onde medra a uralita entre o millo. Metáfora do mundo, sen máis.”