Catro poemas pra catro grabados

1944
600731431.jpg
FRAGMENTOS DA OBRA

María Pita

I

María das batallas,
levareiche unha frol por cada bala;
i unha cunca de leite
arrebuxada en neve
pra che curar a sede.
¡Sede mortal, varona, a desta patria:
queima no peito con ardente brasa!

II

María das batallas,
dareiche un reiseñor por cada bala,
i unha estreliña nova
no berce d'unha dorna,
núa, espida, graciosa:
Varona dos meus ollos, unha estrela
que ti ganache, poderosa e leda.

III

Muller da soberana libertade,
os artilleiros danche alferezía
e faite o mar patrona da cidade.
Din as miñas campanas, escoitade,
de monte a monte e mais de ría a ría:
O bronce meu, teu bronce foi María.

Autoría