Celebración do gozo

1989
14.jpg

Premio Esquío de Poesía 1988

Francisco Campos Freire na edición da Col. Esquío de Poesía da Sociedade de Cultura Valle-Inclán: “Celebración do gozo é un libro de longa elaboración. Escrito nunha linguaxe poética moderna, de grande alento e intelixente riqueza verbal, pero tamén moi contida e de gran precisión, estes poemas trascenden a difícil confrontación ética e, sempre, reveladora das complexas relacións entre o entorno inmediato e a imaxinación desbordada co seu propio destino. Trátase dun poemario testemuñal sobre o amor como matería lírica, relatado nun fluído ritmo de realismo externo e de introspección nostálxica con  extraordinaria profundidade humana, experimentada desde as raíces da paixón e do desexo. [...]”
 Luís González Tosar ten anotado de Celebración do gozo: “Xa se ten dito en algures que estamos diante dunha difícil e orixinal maneira de poetizar o amor sensual e a súa erótica dende o perspectivismo lírico do pretérito e do presente. Pero realmente estamos asistindo tamén a unha elaborada aportación de poesía amorosa, a unha carnal e ardorosa poetización do amor e do xogo erótico dende a vital autenticidade do poeta, lonxe, moi lonxe de frías parafernalias e de estériles adovíos verbalizantes.”