Obra lírica póstuma do xornalista e escritor Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía. No outono do 2016, o poeta entregoulle estes textos manuscritos á súa amiga a profesora e crítica literaria Teresa Seara coa idea de ilos preparando para levar ao prelo: quedaron listos só catro semanas antes do seu pasamento.
A editorial defíneo como un bálsamo para a alma, un agasallo para os amantes da palabra cunha derradeira lección: ningún día sen versos.