Cociñeiras con talento. Mulleres e gastronomía en Galicia

2023

Cociñeiras con talento é un ensaio histórico de grata lectura e escrito con rigor, que aborda unha temática novidosa e de gran relevancia para a gastronomía de Galicia e para a historia das mulleres que alimentaron a nosa xente co seu esforzado labor. Mulleres xenerosas que se conformaban con raciones escasas con tal de que os seus fillos e maridos estivesen ben mantidos. Cociñeiras que forxaron co seu talento a gastronomía galega enxebre ea alta cociña. Segundo a chef con estrela Michelin Lucía Freitas: “O libro, aparte de desfrutalo a feixes, afianzou o obxectivo que teño de poñer en valor o talento e o esforzo das mulleres que representan todas las profesións que fan posible o ecosistema da nosa gastronomía. Pero elas son ademais cociñeiras de alma, cada una cociña para os seus. Xavier Castro destaca nesta obra o papel invisible que a historia outorgou ás cociñeiras, con moita investigación, coñecemento e sabedoría ó respecto, e eu teño que poñer o foco no importante: non tanto nas estrelas Michelin, como nas mulleres que traballan a terra e o mar , producen, elaboran e dan amor ó traveso da cociña; que son as mesmas que nos seguen a dar ese amor ós cociñeiros estrelados. Xavier titula esta marabilla Cociñeiras con talento ; eu engado cociñeiras de amor e legado, mulleres que crearon, produciron, gardaron e transmitiron a base culinaria da que se nutre a sociedade actual”.