Codeseira

1933
20190531110850208441.jpg

Codeseira (1933) é o único libro publicado en vida. O tratamento da paisaxe ofrece resonancias clásicas. Seguiu a liña iniciada por Antonio Noriega Varela, de carácter ruralista que o enlazan co século XIX, se ben inclúe tamén elementos vangardistas como o hilozoísmo.

FRAGMENTOS DA OBRA

A miña aguillada

Quero unha aguillada que seña un tesouro

Que non teña falta desde a punta ao cabo

Feita dun caxoto de carballo mouro

Criado entre silvas nun terreo escravo

No forno escocida i escarapelada,

De freba moi limpa, dereita, sin nós.

Pulida e xeitosa. Quero unha aguillada

Das mellor feitiñas que puido dar Dios

E ben enferrada con ferrón de aceiro

Porque unha aguillada que non ten ferrón

Nin e honra do dono, nin e pau duradeiro,

Nin limpa un arado, nin fende un terrón.

E por se algún dia chega unha ocasión

En que Xan labrego poida erguer a man

Quero unha aguillada que me sirva entón

Pra medirlle as costas a algún pillaban.

Ni unha falta triste dende a punta ao cabo

Que digan os homes A vara naceu!

Feita dun caxoto de carballo bravo

Esa é a aguillada que quero ter eu

Autoría