collage é un xogo literario composto de 45 tarxetas, unha baralla que se le de diferentes maneiras segundo como se ordenen os naipes.
Escribir collage foi xogar e ler collage é xogar. Iso é o mellor: non permite que non xogues con el.
• • •
Se por acaso te cruzas coa persoa que che gusta, ides na mesma dirección, entrades no mesmo edificio e ides ao mesmo apartamento e dentro hai tres salas:
unha coa lavadora xirando a escuma
outra con amorodos, azucre, leite, música
outra con nata en aerosol
que facer?.