Conta saldada é unha novela para o público xuvenil moi peculiar na que se combinan distintos xéneros sen caer nunha mestura ilexible. O onirismo, os fantasmas, as referencias literarias, os problemas da adolescencia, os resultados do tráfico de estupefacientes e o desexo da vinganza máis hamletiano dan lugar a un produto digno de comentario. Unha publicación que permite unha lectura moi áxil e agradable.