O Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo achéganos o libro Contos de medo do museo , un volume dirixido ao profesorado e alumnado de ensino secundario,con textos escritos por recoñecidos autores e autoras de literatura infantil e xuvenil en lingua galega, e que teñen en común como territorio de fición o propio Museo Provincial de Lugo.
Trátase de combinar a lectura cunha actividade complementaria, unha proposta didáctica denominada Rutas literarias. polo museo