D'o Ermo

1946
d'o_ermo.jpg
FRAGMENTOS DA OBRA

A brétema


 

Pra miña filla Cándida.



A brétema, ¿tu sabes?, é ceguiña:
os piñeirales pouco a pouco explora,
e anda sempre descalza, e si se espiña,
sangrar, non sangra; pero chorar, chora...

Chora copiosamente a pobresiña,
como chorou Jesús, cal chora a aurora;
e en maus do sol é cada lagrimiña
derramada, unha estrela brilladora...

Lagrimiñas preciosas, recollelas
mil veces se me ocurre, pra con elas
facer... (si xa non soño, ¿que eu faría?)

¿Unha sarta me pides? Lograreina,
como un rei a quixera pra unha reina,
como nunca se veu na xoiería.

Autoría
Noriega Varela (1869) - (1947)