Relatos americanos é un universo estraño. Colaxes, textos e música narran unha viaxe por paisaxes agrarias e industriais onde todo funciona como a vida mesma: mal. Basta con pór un non onde antes había un si para que naza o desacougo. As imaxes dun fotógrafo estadounidense deformadas por Misha Bies Golas e as fabulosas experiencias nos escenarios do grupo Ataque Escampe serán o motor do caos.