Ela atopa un nome

2005
libros_7731.jpg

Premio Barco de Vapor 2011

Que pensar cando estás lendo un libro e de repente as letras se desapegan do papel e botan a voar e entra un avión de debuxo pola fiestra e te leva polo aire porque no Mundo de Fóra necesitan unha técnica equilibrista de clase A para solucionar un problema de moita envergadura e resulta que esa persoa es ti? Que facer cando, sen saber como e sen podelo evitar, te atopas vivindo unha aventura con personaxes que ata ese momento só habitaban nos libros e nas pantallas do cine? Que dicir cando tantas cousas dependen de ti, que non es nada, es tan pouca cousa que nin sequera tes nome?