Nesta biografía,Marcos Valcárcel, analiza a súa obra literaria no contexto do seu tempo histórico e as súas aportacións dende o xornalismo galego, especialmente en El Noroeste da Coruña. Ademais do estudo da súa obra como lexicógrafo, "apañando" de vagar novas palabras e ditos populares ata dar cabo ó seu Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano, obra póstuma en tres tomos (1958-1962), auténtico tesouro sobre a nosa fala popular que foi tamén fonte fundamental de enriquecimento lingüístico para todos os nosos escritores desde a súa publicación e que, de seu, xustifica o máis que merecido recoñecemento.