En clave de sol

2009
t_1517592234477En_clave_de_sol.jpg

En clave de sol
En clave de sol é unha partitura literaria que entoa os nosos nomes segredos. Porque entre as notas dos seus versos harmonizamos os latexos e sentimos ao mesmo compás. Para que sigamos a soñar pentagramas en tesitura compartida.

A música deste libro ensínanos a escoitar as noites e a descifrar as súas tonalidades. Xuntas, xuntos, sentiremos tebras maiores, menores, diminuídas, disonantes e en silencio. Abres a caixiña?