Accésit Premio Esquío de Poesía 1997
Cuarto libro de poemas de Miro Villar onde o autor regresa ao soneto presentando un poemario de 40 sonetos divididos en catro cadernos: Equinoccio de primavera, Convocatorias, Revelacións e Navegacións, através dos quedan tratados temas universais, o amor, a fuxida do tempo, o compromiso ou a metapoesía.
O compositor Miguel Brotóns (Alacante, 1965) poñeríalle música ao soneto deste poemario «Negación de Ulises e Teseo».
Equinoccio de primavera foi tamén finalista do premio Tívoli-Europa 1999.