Contar unha historia ten o engado e o feitizo da descuberta, é como a revelación dunha vida secreta.
O insospeitado xorde do habitual, do cotián, conquístanos e faise inesquecible…
É o poder da literatura. O autor, introdúcenos no misterio dun personaxe engaiolante. Dos anos universitarios ao devalo das ilusións, da mocidade á vida familiar, a través da conversa de dous amigos.