Accésit Premio Esquío de Poesía 1991
Bernardino Graña prologa a edición na Col. Esquío de Poesía da Sociedade de Cultura Valle-Inclán: “Goce e pranto, ruína e viño novo andan mesturados nestes versos. E un tanto caótico pode parecer o poemario. ¿Ou será que Millán ve a vida como un caos?
E, sen embargo, non se trata dun libro pouco madurado ou deslabazado a escapárselle das mans ao propio autor. Nada diso. O título ESTE É O TEMPO DO SAL xa nos está a indicar un afán de testemuña destes tempos que corren. E vede como se mesturan aquí mesmo, adrede, traballos e sufrementos de galernas e dozura de amor. Co que se demostra que non se trata, como diciamos, dunha eiva de eixo no libro, senón dunha liña a mantenta, bastante consciente, de confundirnos, de mergullarnos, aos lectores, nesa luz-sombra, goce-dor que é o mundo poético de Millán [...]