Fértil corpo do soño

1986
fertil_corpo_do_sono.jpg

Accésit Premio Esquío de Poesía 1985

Xosé Luis Vilela preséntanos o libro na edición da Col. Esquío de Poesía da Sociedade de Cultura Valle-Inclán: “ [...]Manuel Álvarez Torneiro non usa as palabras como un xoguete. El sopra sobre de elas e consigue oferecérnolas novas do trinque, como se despois de tanto desgaste e tanto esvaimento polo abuso ao que as sometemos acotío agromaran cheas de vitalidade, reventando de vez como estalidos. [...]
Aquí latexa visiblemente a vida en cada verso. Albíscase a fondura irremediable. Arrabúñase o desacougo fero que nos fende. Acubíllase o amor espido e mais armado.
Enxergado nas metáforas de lume e nas imaxes auga-forte da claridade imbatible, invade estas páxinas o home mesmo – cadaquén- que se afoga e alenta. Como tamén aparecen as cousas e as cadencias. Manuel Álvarez Torneiro ponnos na rampa de saída para unha viaxe lonxana ao obxectivo máis próximo: achegarnos a nós propios e circundarnos. Para ese paseo orbital hai en cada poema un impulso, unha enerxía motora que vai bulindo en cada acento e estoupa en faíscas na palabra recobrada. Na palabra incendiada.”

 

Autoría