Grupo abeliano

1999
grupoabeliano1.jpg

A novela narra as peripecias dun grupo de seis ou sete amigos durante unha semana.

A historia comeza in medias res na mañá do primeiro día. O grupo de mozos está na sede do Goberno Civil, e alí convencen o gobernador para que evacúe o edificio e deixe o seu posto. Desde aí diríxense a unha lavandería, onde deixan a lavar os calcetíns, e despois mercan outros novos.

Deseguido continúan, durante sete días, improvisando en boa medida (agás unha visita a unha entidade bancaria) as súas accións: tanto as máis básicas (onde durmir e comer) como as máis lúdicas ou simplemente de entretemento.

Mediante o diálogo e a acción directa non teñen problemas para comeren sen pagar, repostar combustible, e mesmo conseguiren armas de fogo nunha comisaría.

Como fin inmediato teñen conseguir unha furgoneta para iren de viaxe cara ao norte, e cartos para viaxaren durante algúns meses.

Autoría