Hai tanto que non estabas

2017
71elGvX067L._SL1301_.jpg

Non darei medido a distancia que nos separa, con longura de marea lagarteira e uvas a matizar setembro, non podo, ben quixera facelo, chantar na túa lembranza un maretón de estrelas, un rubricar no ceo a nenez que marcha contigo e non atopo nada senón un baldeiro, un oco, unha lágrima tan impensable como afogar nun só poema as palabras que quixera poñer no teu adeus porque hay tanto que non estabas.