O volume recolle 219 cantigas de amigo dispostas por autores e orde alfabética.
Toda-las cousas eu vejo partir
do mund' en como soíam seer
e vej' as gentes partir de fazer
ben que soiam, ¡tal tempo nos ven!
mais non se pod' o coraçon partir
do meu amigo de mi querer ben.
Pero que ome part' o coraçon
das cousas, que ama, per bõa fé,
e parte-s' ome da terra ond' é,
e parte-s' ome du grande prol ten,
non se pode parti-lo coraçon
do meu amigo de mi querer ben.
Toda-las cousas eu vejo mudar:
mudan-s' os tempos e muda-s' o al,
muda-s' a gente en fazer ben ou mal,
mudan-s' os ventos e tod' outra ren,
mais non se pod' o coraçon mudar
do meu amigo de mi querer ben.