Historia de Ourense

2009
t_1511824858439Historia_de_Ourense.jpg

Este libro de Marcos Valcárcel constitúe unha achega, breve pero rigorosa, á historia de Ourense. A crónica do percorrido vital dunha cidade cunha longa historia e un moi poderoso legado cultural. Unha viaxe posible dende o mundo romano até a actualidade esculcando nos xeitos de vida, nas ideas e nos sucesos que marcaron o devir urbano.
Cidade que acobillou figuras tan relevantes da nosa historia como Curros Enríquez, Lamas Carvajal, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, Eduardo Blanco Amor, Antón Tovar, Carlos Casares e Xosé Luís Méndez Ferrín.

Autoría
Valcárcel, Marcos (1958) - (2010)