Homes de ferro é a novelación da aventura que emprenderon catro amigos irlandeses navegando nun currach desde Irlanda ata Galicia.
A historia narra as aventuras vividas polos remeiros, os sitios nos que recalaron, as súas xentes, os seus contratempos, o tesón, o esforzo, pero tamén os momentos de lecer nos diferentes portos, as xornadas de cantos, risas e complicidade e, por suposto, as súas reflexións más íntimas e profundas.