Accésit Premio Esquío de Poesía 1989
Dísenos do libro na edición da Col. Esquío de Poesía da Sociedade de Cultura Valle-Inclán:“[...] O que se encontrará o lector deste insólito libro son retrincos, sombras fugaces, nomes esvaídos nunha lápida ou anotados apresuradamente nun caderno.”
E no prólogo da edición as palabras de Carlos Casanova
“[...] Lapidario dos heterodoxos é unha especie de foxa común na que o escritor -como un medium consumado, como un experto ventrílocuo- convoca ós seus vellos amigos (os mellores, os amigos das súas lecturas lendarias) e fai que falen coa súa propia voz (a del, a deles).
Pero o tema deste libro non é a morte. O poema introdutorio anúnciao: ‘Hoxe a compasión é o meu tema. [....]”