Loló e Mamá

2018
t_1525342395680Dramaturxia_galega_actual1.jpg

Colección Dramaturxia Galega Actual Vol. 1. Edicións Á Feira

OBRAS: Dramaturxia das Mulheres (Inherente Teatro); Tras Tannhäuser (Ernesto Is); Loló e Mamá (Esther F. Carrodeguas); A enterradora (Miguel Sande).

Nos últimos anos estase a dar un florecemento do teatro e a dramaturxia en Galicia grazas á consolidación do traballo iniciado hai corenta anos polas xentes das artes escénicas na nosa comunidade. As obras de Esther F. Carrodeguas, Ernesto Is, Inherente Teatro e Miguel Sande aquí publicadas, recollen temáticas de sempre e de agora pero contadas dende perspectivas actuais e orixinais. Cabe sinalar a fonda honestidade destas creacións que, sen premeditación no seu compendio para este volume, coinciden en outorgar un papel central ás personaxes femininas.

 

Autoría