Premio Esquío de Poesía 1986
Así se nos presenta o libro na Col. Esquío de Poesía da Sociedade de Cultura Valle-Inclán en palabras de Miguel Anxo Fernán-Vello:
“[...] Estamos, amigo leitor, perante un libro especialmente singular, pola sua conceición formal, pola sua estrutura ética e estética, pola sua esencialidade emotiva, que provoca un continuum de ‘tensión térmica’ na linguaxe aberta e desenvolvida nunha clave elexíaca de amplo tono (por vezes de réquiem), de fonda vibración vital transmisora de ecoantes vozes que o poema amalgama verso a verso no interior dunha música única e nídia. E para unha aproximación certeira a este livro-cántico haberá que recorrer unha e outra vez á terminoloxia da arte dos sons, [...]
Poderíamos relacionar o presente livro con outros textos poéticos do autor [...], mas preferimos que agora o leitor entre na espiral abatida e luminosa deste novo libro e constante unha vez mais a beleza desta linguaxe, a sua surprendente riqueza léxica, a grande capacidade construtiva de imaxes poéticas, o alto nivel formal que Xosé María Alvarez Cáccamo nos mostra, e que sen dúvida, fan del un dos mais importantes e recoñecidos poetas do noso país.[...]”