O académico defíneo como unha biografía intelectual e cívica da protagonista do Día das Letras Galegas 2018, a quen coñeceu como compañeira de seminario no Instituto Masculino de Lugo en 1965. Nestas páxinas detense en todos os perfís da autora, "a profesora, a filóloga, a dicidora (mellor que a oradora), a narradora, a ensaísta, a comentarista de textos literarios e a persoa fondamente comprometida coa causa dunha lingua que, aparentemente, non era súa".