Memoria do corpo

2018
Memoria-do-corpo.jpeg

Esta Memoria do corpo é un tempo de investigación para o autor. Dentro de si mesmo, como debe de facer o poeta. Así o sente o creador, que viaxa dende o barro por corpos e iniciacións eróticas e camiños que, coma todos os periplos, nos devolven ao punto de partida. Á palabra que funda o mundo. Aos sons primeiros que nos explican. Un poeta espido. Unha poética alicerzada na palabra. Cinco anos despois. E todo o mundo aquí contado.

PREMIO GALA DO LIBRO 2019, MELLOR LIBRO DE POESÍA DO ANO