Uns din que o mataron os falanxistas e a guardia civil nos montes do Confurco; outros din que houbo traición, que foron os seus propios compañeiros. Foi na noiteboa de 1936 logo de andar fuxido polos montes do sul da provincia pontevedresa con 223 homes que loitaban pola República. Era un 'señorito' desclasado nas organizacións do Frente Popular. Daqueles días arrepiantes da guerra civil deixou escritas unhas memorias que hoxe poden ver a luz despois dun silencio de mais de corenta anos.