Mentres a herba medra

2007
mentres_a_herba_medr.jpg

Premio Blanco Amor 2006

Novela na que se cruzan, en conxunción coral e sobre un ritmo jazzístico de fondo, tres xeracións que dialogan e debaten. Como na vida mesma. Desde a fanada esperanza republicana dos máis vellos á expresión vitalista dos seus netos rebeldes, criados na abundancia e nas trampas do consumo.

En Mentres a herba medra o mundo urbano, omnipresente, e o rural, evocado, simbolizan a andaina dun país que se afirma e se transforma.