... sobre a riqueza, o principio de autoridade e de dominio, sobre a fatalidade do destino e a imposibilidade de rebelarse.Unha novela madura, cun ritmo narrativo vertixinoso [...] que dá máis de si a cada páxina, pillando con máis forza o interese do lector.(F. Martínez Bouzas, Correo das Culturas)
Cunha trama dialogada que arrastra o lector polo seu bo ritmo, esta novela de Xurxo Borrazás sérvese dunha linguaxe directa e ó tempo simbólica para artellar unha historia crible, ben enfiada na que o pensamento vira ficción e que pon patas arriba unha serie de ideas comunmente aceptadas...