Premio Esquío do Poesía 1989
O propio autor presenta o seu libro na edición da Col. Esquío de Poesía da Sociedade de Cultura Valle-Inclán: “ [...] No corazón mancado debe ser ese libro de resultas, a pedrea dun tempo para min feliz. Unha fervenza de versos que tiven o necesario pracer de amar diariamente no verán do oitenta e nove, indo e vindo no sumidoiro dos días altos do solsticio. Neles estou como descanso despois dunha andaina gozosa que quero compartir.”