Unha historia fantástica na que a súa protagonista Uxía atopa, por casualidade, o mellor agasallo polo seu aniversario. Estamos diante dun relato centrado no respecto pola diferenza, o amor pola diversidade en calquera das súas formas. Trátase dunha narración na que a fantasía e a realidade conviven sen confrontarse, permitindo que coexistan diferentes perspectivas para un mesmo acontecemento. Ilustracións de Alberto Castro Freire.