Accésit Premio Esquío 2001
(nós, as inadaptadas) é o segundo libro de poemas de María do Cebreiro. Deste libro en que o título fai referencia ao ensaio ‘Nós, os inadaptados’ de Risco, di a propia autora: “O importante do título é o xénero e o plural, non tanto o substantivo. No libro non fala un eu, nin un eu que se identifique comigo, senón un ‘nós’ que quere referirse non tanto ás mulleres como a un xeito determinado –violento, incómodo- de situarse ante o que implica ser muller”.
Libro estruturado en cantos, del volve declarar a propia autora: “Postos a falar de xéneros maiores e menores, tampouco eu pretendía exercitarme en cantares de xesta. Deixémolo en epilio. E continúa: “O obxecto deste libro, máis ben lento, é a milicia do amor, esa guerra civil do corazón, fratricida e anónima... Tamén dou testemuño, xa que logo, de feitos e contendas ‘exteriores’.”