Edición crítica (en colaboración con Leticia Eirín García) o cancioneiro do trobador Pero Mafaldo, autor de nove cantigas, que se adscriben aos tres xéneros canónicos da lírica trobadoresca galego-portuguesa: cantigas de amor, cantigas de amigo e cantigas de escarnio e maldizer. A edición consta dunha introdución, en que se realiza unha aproximación á figura do trobador e á súa obra, fixación do texto, con aparato crítico e notas filolóxicas, e, finalmente, rimario e glosario exhaustivo do cancioneiro de Pero Mafaldo.