O canto do Muecín

2007
t_1264757639452loisdieguezocantodomuecin.jpg

O canto do muecín. Levaba tres días así, sen poder pegar ollo e sentíase tan cansa... Ía polo deserto aborrecida do sol que nunca se poñía. Transformábase na sombra de Anthony Perkins cando en "Psicose" avanzaba pola parede cun enorme coitelo de matar os porcos, e cando o ía espetar no corpo estarricado da Sofía acordaba bañada nunha suor de sufocos. Botouse da cama. O muecín, en efecto, berraba o canto.