O ceo das reixas

2019
-o-ceo-das-reixas.jpeg

Noelia está presa no módulo de respecto cando na cela contigua sucede algo grave. Ela, que é cirurxiá, séntese obrigada a intervir. Logo, da dirección da prisión solicítanlle que vixíe e informe sobre a súa nova compañeira de cela, Fina, unha vella que semellaba dócil pero coa que terá que manter un pulso complicado. O ceo das reixas, de Eli Ríos, recrea o ambiente carcerario a partir de protagonistas femininas e fainos descubrir que a liberdade non sempre depende do número de barrotes que teña unha reixa. Esta novela fala dos silencios, da violencia e da linguaxe que constrúen cadeas imperceptibles arredor das mulleres.

Autoría