Este volume recolle en reprodución facsimilar o manuscrito autógrafo d’Os Pinos coas derradeiras correccións e dúas novas estrofas (VIII e IX) que foron incorporadas ao texto definitivo; a partitura da música do Himno Galego composta por Pascual Veiga para o Certame Musical de 1890; as bases do Certame Musical de 1890 e varias cartas da correspondencia mantida entre Eduardo Pondal e Pascual Veiga que dan conta do proceso de xestación do poema Os Pinos.