O inspector Chumbo está moi lonxe do típico axente secreto, lanzal, de continuos amoríos, armas sofisticadas e coches fantásticos. Polo contrario é máis ben baixo, romántico e a súa única arma é a agudeza con retranca, porén sempre na procura da solidariedade entre a xente.