O que ardeu nos espellos

2004
Oqueardeunosespellos.jpg

Achega David Pérez Iglesias na edición da Colección Esquío de Poesía: “Se entrades neles, (digo no libro “O que ardeu nos espellos”), baterá no voso rostro o vento da historia e sentiredes estatuas de sal arredor vosa paralizadas polo horror. As silveiras racharán as vosas roupas en bandeiras esfarrapadas. Se ides alí escoitaredes os son dunha serea fabril, Sestao, acaso Bouzas, Coia, un tren de óxido e rebeldía, o sangue da clase obreira, as luces do arrabalde. Homes armados espetarán no voso peito balas e cuspe de palabras mortas. Non hai regreso, só erguerse e agatuñar dunha vella congostra a outra, dunha trincheira a outras, sin arredras. Porque este é o territorio. Nacht und Nebel... Palabras ardentes coma ascuas. E entre eles vai Carlos. Este libro. Este inverno. Este espello... “

Autoría