Poemas breves, concisos, malia algún semella que leva tatuada a contemplación propia dos haikus. Este tipo de poemas, que convidan á reflexión contemplativa están estratexicamente dispostos despois da ancoraxe ética precedente e antes de retomar outravolta o desacougo interior que á voz poética lle produce o devir histórico. Para quen le, este tipo de poemas son unha oportunidade para sentirse acompañado nas súas arelas de xustiza e reivindicación, xustiza para a nación e a cultura, para a lingua e a Terra